Penúltima xornada do Tour del Talento Lugo 2023. Programa de actividades do 6 de maio

Hoxe sábado día 6 de maio comezamos unha nova xornada do Tour del Talento 2023 con máis actividades que che van gustar.

A partir das 11:00 da mañá na Praza da Horta do Seminario haberá o campionato de baloncesto 3×3 Tour del Talento, que está dirixido pola Fundación Breogán, que inclúe un Concurso de triples e un Concurso de Dj’s.

Ás 17h Palimoco Teatro representará a obra de teatro: “Quen ocupa esa cadeira? na Praza Maior.

Non podemos esquecer ás 16:00h o Obradoiro de graffitis no mesmo espazo; os diferentes membros da agrupación lucense Concepto Circo amosarán os segredos e habilidades desta arte durante 4 horas.

Pola súa banda, ás 17:00h, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo terá lugar o XXI Circuito Larsa Corre con nós 2023 un evento de tradición en Lugo que reúne cada ano a todos aqueles cidadáns aos que lles gusta correr, unha edición moi especial desta carreira coincidindo coa celebración do Tour del Talento 2023.

Continúan as exposicións que temos no MIHL: Lugo, referente tecnolóxico, organizada polo CIFP As Mercedes.

Lembra que se queres inscribirte nalgunha das actividades podes facelo desde aquí.