Cuarta xornada do Tour del Talento Lugo 2023. Programa de actividades do 5 de maio.

Comezamos unha nova xornada de actividades no Tour del Talento Lugo. Hoxe, como parte da programación do Tour, seguimos nos mesmos espazos de días anteriores: no MIHL, coa exposición: ”Lugo, referente tecnolóxico”, mesa redonda na Praza Horta do Seminario, no Edificio Impulso Verde visitas guiadas e mesas redondas, e como novidade, o acto central do Tour del Talento e a proclamación do Premio Princesa de Girona Investigación Científica 2023, no Auditorio Municipal Gustavo Freire 

A primeira hora da mañá, a partir das 9:00h, no Auditorio Municipal Gustavo Freire terá lugar o acto central do Tour del Talento, o Congreso Importa, da man da Fundación Lo que de Verdad Importa (LQDVI) e a proclamación do Premio Princesa de Girona Investigación Científica 2023. Estará presidido pola S.M o Rei Don Felipe VI xunto coas primeiras autoridades de Galicia.

O Congreso Importa ofrecerá unha serie de charlas para achegar á xuventude valores como a tolerancia, a superación, o respecto ou a solidariedade. Para relatar estas historias persoais de superación e emprendemento participarán Dani Caverzaschi, tenista español número 1 nacional e 14 a nivel mundial e unha das promesas do deporte paralímpico español e Antonio Espinosa, CEO de Auara, empresa social que ten como finalidade financiar proxectos de acceso a auga potable.

Lembra que ademais, durante toda a xornada hai actividades nestes espazos: 

Visita guiada a exposición: ”Lugo, referente tecnolóxico” no MIHL. Estas visitas realízanse de martes a venres, tanto en horario de mañá como de tarde. Dous profesores de FP As Mercedes acompañados dun ou dunha alumno/a están a cargo de ensinar a exposición ós diferentes visitantes. 

Por outra banda, na Praza Horta do Seminario haberá unha mesa redonda ás 16:30, “Coñece Lugo Transforma” na que participarán:

Ás 17:30h, neste mesmo espazo, terá lugar a final do RETO: Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir, saberemos cal é o equipo gañador e seguidamente celebrarase a entrega de premios. 

Se queres ver como se vai desenvolvendo a xornada, síguenos nas nosas redes, iremos realizando publicacións do que está a suceder nos diferentes espazos do Tour del Talento. E se queres inscribirte nalgunha das actividades podes facelo dende aquí.