O Tour del Talento 2023 chega a Lugo do 2 ao 7 de maio con actividades para que a xuventude potencie o seu futuro profesional

Tour del Talento 2023

O Tour del Talento é un evento único en Galicia que se celebrará do 2 a 7 de maio. Poderás participar por diferentes puntos da cidade en actividades, obradoiros, demostracións, concertos, charlas… e, como non, PREMIOS, como iPhone 14 que obterán os gañadores do Reto “Lugo a cidade que imaxinas e na que queres vivir.”

Quéreste apuntar no Tour del Talento?

Se tes entre 14 e 35 anos e algún talento polo que destaques, isto é para ti. Só tes que inscribirte aquí no que máis che interese! 

E preguntaraste, a onde vou eu co meu talento? Pois depende do que te queiras propoñer: 

  • Se o teu interese é o emprendemento, o emprego ou a busca de traballo haberá unha carpa específica na  Praza da Horta do Seminario 
  • Se o que che interesa é a tecnoloxía, achégate ao MIHL de Lugo. Ademais de todas as innovacións que poderás descubrir no interior, poderás asistir a charlas, mesas redondas ou demostracións.
  • Se o teu perfil é máis artístico, no Vello Cárcere poderás desfrutar de todas as actividades propostas pola EASD Ramón Falcón, desde unha exposición con visita guiada a obradoiros de cerámica ou serigrafía.
  • Por último, pero non menos importante, se o que che preocupa é a sustentabilidade, terás a oportunidade de estrear o Edificio Impulso Verde e desfrutar de visitas guiadas, obradoiros, charlas e un montón de actividades máis.

Sabemos que necesitabas algo diferente, así que non perdas esta oportunidade.

Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir

Destaca, entre todas as actividades programadas, o Reto “Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir”, unha proposta para que participen mozos/as de 14 a 35 anos e presenten en equipo o seu proxecto de mellora da cidade.

O premio será un iPhone 14 para cada un dos integrantes do equipo e un diploma acreditativo. 

A inscrición está aberta e ata o 19 de abril ás 13:00 h.

O Reto do Tour del Talento: Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir” consiste na presentación dun proxecto, que teña por obxecto, mellorar a vida das persoas na cidade de Lugo, crear unha sociedade máis participativa, deseñar o modelo de cidade no que se quere vivir e fomentar o emprendemento xuvenil.

 O 20 de abril no CEI-NODUS realizarase un taller preparatorio organizado por Europe Direct Lugo para dotar ós equipos inscritos das ferramentas necesarias para defender as súas propostas, que se resolverán en dúas fases:

  •  1ª Fase: Presentación de proxectos en cada un dos Centros de Formación e selección da mellor proposta, días 27 e 28 abril.
  •  2ª Fase: A final, que se celebrará na carpa instalada na Praza Horta do Seminario, terá lugar o venres 5 de maio. 

temática é libre: desenvolvemento local e/ou económico, mobilidade, urbanismo, medio ambiente, sustentabilidade, economía circular, vivenda, emprego, lecer, mocidade, deportes, tecnoloxía, emprendemento, innovación, conectividade, etc. 

O formato de presentación será oral seguindo a técnica de presentación 20×20 (Pechakucha) cun máximo de 20 diapositivas en 20 segundos por equipo, con quendas para preguntas do xurado.

Poderán participar alumnado de IES e CIFP (deberán formar un equipo de 3 alumnos/as+1 profesor) e menores de 35 (non vinculados a ningún centro formativo e que non participen en ningún equipo de centro de formación). 

Se estás interesado/a envía un correo electrónico a tourdeltalento@gmail.com que inclúa:

  1. Nome do proxecto
  2. Número de teléfono e enderezo electrónico de contacto
  3. Presentación con información do proxecto. A información deberá enviarse en formato PDF. Deberá conter polo menos os seguintes apartados: Equipo, Introdución, Problema detectado, Solución e Medios necesarios para conseguilo.

Hai un premio tecnolóxico de tres iPhone 14 (un por participante, valorado en 1.009 €) e un diploma de recoñecemento para o instituto ou entidade. 

Consulta as bases completas aquí. E se queres estar ao día sobre o Tour del Talento, o Reto e todo o que acontecerá entre o 2 e o 7 de maio síguenos nas nosas redes.