Terceira xornada do Tour del Talento Lugo 2023. Programa de actividades do 4 de maio

Nova xornada do Tour del Talento 2023 con máis actividades, exposicións, obradoiros e máis eventos por toda a cidade que seguro que che van gustar.

Comezamos no Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL) con Ecuación talento, un punto de encontro para dialogar sobre deporte, valores, experiencias da man de xogadores, adestradores e profesionais.  

Trátase dunha xornada de conferencias e mesas redondas nas que, ao longo de toda a mañá, falarase de cultura de equipo, liderado, visión estratéxica e forzas de traballo, segundo o seguinte programa:

  • Ás 10:00h, Roberto Fernández, exfutbolista profesional e actual adestrador de porteiros del CD Lugo, falará de Cultura de equipo.
  • Ás 10:50, tomará o relevo Salva Arco, ex-xogador profesional de baloncesto e actual director da Fundación Breogán, que falará xunto con Roberto Ramos, Socio Fundador e CEO do Grupo Be One/ Serviocio, de liderado e motivación na súa ponencia “Líderes, motivadores de vestiario.” 
  • Ás 11:30h terá lugar a mesa redonda cos 3 relatores para poñer en común a xornada e sacar conclusións.
  • Ás 12:10 a mesa redonda Flow no alto rendemento, contará con Carlos David Prieto, adestrador de Javier Gómez Noya e a Dra. María Antonia Lizarraga, responsable médica da área de nutrición no Fútbol Club Barcelona, onde se falará do Flow, ese estado no que un ou unha se sinte absorto/a nunha actividade que proporciona pracer e desfrute e as claves para conseguilo, no deporte e noutros ámbitos



Pola tarde, terá lugar, tamén no MIHL o Encontro de docentes que deixan pegada, no que Esteve López dará a coñecer as estratexias de avaliación con obradoiros prácticos e dinámicas visuais con María Batet, que co seu obradoiro de Visual Thinking e cun debate e exemplos prácticos, guiaranos a través das diferentes experiencias na aula.

Na Praza Horta do Seminario  celebrarase a feira Mergúllate no Campus Terra da USC, unha xornada de encontro entre alumnado de educación secundaria e as diferentes escolas e facultades que compoñen o Campus Terra da USC de Lugo para que os mozos/as exploren as posibilidades que ofrece a cidade. Contará con 8 stands nos que as diferentes escolas e facultades do campus proporán información acerca das titulacións.

Ás 11:30h terá lugar a mesa redonda do alumnado do Campus Terra, “Estudar no Campus Terra, a túa mellor opción” onde explicarán as súas experiencias como alumnos e alumnas da USC e como a universidade influiu nas súas carreiras profesionais.

Ás 12:30h XUVENLAB organiza un obradoiro científico, “Ven a Experimentar con XUVENLAB!” cos kits Xuvenciencia.

Ás 17:00h poderase desfrutar dos monólogos científicos “O clube de Veterinaria” a cargo de Eva Cabanelas, David García Dios y Uxía Yáñez Ramil, que pecharán a xornada neste espazo.

Tampouco nos podemos esquecer da Xornada en Impulso Verde, coas visitas guiadas ao edificio a cargo de a cargo del director de obra, Benigno Jauregui e con dúas mesas redondas:

Ás 10:00h terá lugar a mesa redonda sobre sustentabilidade: “Sustentabilidade empresarial, como integrar o enfoque circular,” con 

 

Ás 12:00h a mesa redonda sobre consumo responsable e deseño eficiente “A importancia do consumo responsable y el deseño sostible,” con:

 

Se queres ver como se vai desenvolvendo a xornada, síguenos nas nosas redes e se queres inscribirte nalgunha das actividades podes facelo dende aquí.