Xornada preparatoria do Reto do Tour del Talento no CEI-Nodus organizada por Europe Direct Lugo

Onte tivo lugar no CEI-NODUS de Lugo unha xornada de preparación para os/as participantes no Reto do Tour del Talento, coa participación da Alcaldesa Lara Méndez, a Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego Ana Abelleira, o Técnico de desenvolvemento local Norman Veiga e Leticia Prada López  colaboradora de Estudios Rafer para ofrecer ás  persoas inscritas no Reto das claves para mellorar os seus proxectos.

Dentro da programación de actos preparatorios do Tour del Talento onte 20 de abril tivo lugar no CEI-NODUS unha xornada impulsada por Europe Direct Lugo. 

Consistiu nun  obradoiro formativo cos/as participantes no Reto Tour del Talento co obxecto de mellorar e optimizar os proxectos para a final que se desenvolverá na semana do Tour del Talento 2023 Lugo.

Celebrouse no salón de actos e serviu para dotar aos inscritos no Reto das ferramentas necesarias para defender as súas propostas.

Para a presentación de proxectos do Reto Tour del Talento hai dúas fases:  

  1. Primeira fase de presentación de proxectos en cada un dos Centros de Formación e selección da mellor proposta, os días 27 e 28 abril.
  2. Segunda fase, a final, que se celebrará o venres 5 de maio, na carpa instalada na Praza Horta do Seminario, con motivo do Tour do Talento.

O acto comezou  cunha benvida da Alcaldesa de Lugo Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Desenvolvemento Local Ana González Abelleira, que falou da importancia da participación dos mozos/as que coas súas propostas procuran a mellora da cidade, e fomentar o emprendemento xuvenil aproveitando este evento Tour del Talento.

Continuou  coa intervención do Técnico de desenvolvemento local do Concello que explicou a ampliación do prazo de inscricións ata o día 21 de abril, fixo un resume das bases e resolveu posibles dudas dos participantes.   

A seguinte intervención foi unha charla a cargo de Leticia Prada López, facilitadora de formación para emprendedores, Co- Creadora do Programa Detox Mental Training, Coach experta en Intelixencia Emocional e colaboradora de Estudios Rafer. Leticia falou da importancia de formarse en competencias cada vez máis especializadas para garantizar que os postos de traballo vacantes sexan ocupados.

Tratou tamén temas técnicos: como facer a presentación do proxecto, o formato (PechaKucha), seguir o método MAFO e a directriz P.A.R (Proyecto- Acción- Recompensa) que en realidade sería o resultado, entendido como a satisfacción persoal. Explicou tamén a importancia de falar en público, de transmitir a mensaxe para que chegue a todo o mundo, e de explotar as fortalezas e habilidades persoais para enfrentarse a eso. 

Deixámosche con este vídeo resumo da xornada, se queres ver como foi: