O pasado venres presentábase aos medios o Tour del Talento, un evento único en Galicia organizado pola Fundación Princesa de Girona xunto co concello de Lugo que terá lugar en diferentes espazos da cidade entre o 2 e o 7 de maio. Adiantamos o máis destacado da programación por días.
Día 2 de maio
Na Praza Horta do Seminario terá lugar a “Feira Campus Terra”, unha xornada entre alumnado de educación secundaria e as diferentes escolas e facultades do Campus de Lugo, para explorar as posibles vías formación para o seu futuro.
Poderanse visitar varias exposicións organizadas para este Tour del Talento de Lugo durante os 6 días do evento:
- Xóvenes en acción, na Casa da Xuventude, sobre artes plásticas e visuais, na que participan o IES San Xillao, o Colexio Fingoi e a Fundación Juan Soñador.
- Lugo, referente tecnolóxico, no MIHL, organizada polo CIFP As Mercedes, que contará con visitas guiadas organizadas polos propios alumnos e alumnas do centro.
- Cabeza, Man, Corazón un percorrido polos 50 anos de historia da EASD Ramón Falcón, no Vello Cárcere, onde a escola organizará tamén este primeiro día do Tour del Talento un obradoiro de serigrafía e unha mesa redonda para debater sobre “O papel da cultura na educación e formación dos xóvenes.”
Día 3 de maio
No Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL) terá lugar o Foro Desenvolvemento de Talento en forma de talent session sobre como Impulsar a túa empregabilidade coa tecnoloxía. É unha xornada con expertos para aprender como a tecnoloxía está a cambiar o mundo laboral, as novas competencias solicitadas polos empregadores e que accións concretas desenvolver para prepararse para o futuro.
Poderás participar tamén nun focus group sobre innovación, talento e propósito da man de U4I, Norvento Enerxía y Avincis e coñecerás a través de Cristina Valle todas as ferramentas e novidades en Intelixencia Artificial para potenciar o teu rendemento e a túa marca persoal.
Na Praza Horta do Seminario terá lugar a Feira de Primavera de Emprendedoras: Economía verde e circular. Trátase dun evento de promoción e difusión de empresas innovadoras e focalizadas na sostibilidade e na economía circular lideradas por mulleres. Dentro das actividades desta feira, organizaranse dúas mesas redondas onde emprendedoras de referencia exporán a súa experiencia.
Continúan as exposicións organizadas para este Tour del Talento nos diferentes espazos da cidade: MIHL, Casa da Xuventude e o Vello Cárcere, onde tamén terá lugar dúas mesas redondas organizadas pola EASD Ramón Falcón, sobre As novas formas de expresión cultural e sobre Diversidade cultural a inclusión social.
Día 4 de maio
No Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL) terá lugar o Encontro de docentes que deixan pegada, con obradoiros prácticos, dinámicas visuais e debates. Unha xornada para o autocoñecemento e o fomento da autonomía do alumnado para prepararse de cara o futuro e recoller aprendizaxes nun entorno moi especial.
Na Praza Horta do Seminario haberá un evento innovador, Coñece aos teus polígonos e ás súas empresas, o de unión e contacto entre empresas, universidades, institutos, alumnos e persoas interesadas en coñecer o ecosistema empresarial e industrial de Lugo, con entrevistas e mesas redondas.
Continúan, un día máis, as exposicións organizadas para este Tour del Talento nos diferentes espazos da cidade.
Día 5 de maio
No Auditorio Municipal Gustavo Freire terá lugar o acto central do Tour del Talento en Lugo, o Congreso IMPORTA con Dani Zaberchaschi un número 1 a nivel mundial no deporte paralímpico e Antonio Espinosa, CEO de AUARA que vén cunha unha importante mensaxe sobre a importancia da auga. Neste acto terá lugar a Proclamación del Premio Princesa de Girona Investigación Científica 2023.
Por outra banda, tamén terá lugar a Expedición a Vertex Bioenergy, para aprender a conectar con profesionais que traballan na investigación do bioetanol, a dixitalización en empregos presentes e futuros, a reivindicación das competencias STEM para as novas xeracións e o aliñamento da tecnoloxía do bioetanol cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Continúan, un día máis, as exposicións organizadas para este Tour del Talento nos diferentes espazos da cidade.
Dia 6 de maio
Este día, centrado no Deporte, terá lugar na Praza Horta do Seminario un torneo de baloncesto 3×3 na rúa, dirixido pola Fundación Breogán. No Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrarase o XXI Circuíto Larsa Corre con Nós 2023.
Ademais, na Praza Horta do Seminario poderase desfrutar da obra Quen ocupa esa cadeira? da compañía Palimoco Teatro. Trátase dunha performance que toma as rúas de Lugo como escenario natural.
Poderanse visitar un día máis das exposicións organizadas para este Tour del Talento nos diferentes espazos da cidade.
Dia 7 de maio
O derradeiro día do Tour del Talento en Lugo destacamos, entre a programación, a actuación da Orquestra Terranova, unha orquestra instrumental formada por xóvenes entre 15 e 35 años.
Seguiremos ampliando información sobre a programación do Tour del Talento nesta sección de novas e nas nosas redes sociais. Se queres estar ao día ou ampliar información, entra na web do Tour del Talento.