PARTICIPA NA BICIESCOLA URBANA
Para maiores de 18 anos
BICIESCOLA URBANA
Programa de aprendizaxe de ciclismo orientado a persoas adultas (nivel básico, non saben montar en bici e queren aprender)
OBXECTIVOS:
- Aprender a montar en bicicleta persoas adultas que nunca tiveran a oportunidade de facelo
- Con elo fomentar o uso da bicicleta como medida alternativa de transporte pola cidade.
- Promover a seguridade da persoa ciclista nos seus desprazamentos
- Promover hábitos de vida saudable.
FAMILIARIZACIÓN:
- Traballando a confianza e a seguridade no desprazamento en bicicleta
- Adquisición de habilidades aptitudes físicas e destrezas básicas sobre a bicicleta para poder desprazarse con seguridade e autonomía.
DIRIXIDO A:
Persoas maiores de 18 anos que non tiveran a oportunidade de aprender a montar en bicicleta con anterioridade.
DATAS PREVISTAS:
VENRES 5 de maio
VENRES 12 de maio
VENRES 19 de maio
HORARIO:
De 18:30 a 20:00 h.
LUGAR:
Senda Verde – Carril Bici no tramo do Paseo do Pazo de Feiras e Exposicións. A convocatoria dos grupos será baixo a pasarela do Miño (a carón da Fábrica da Luz).
O grupo, de acordo co monitorado e previamente informado, poderá utilizar como segunda localización a pista de patinaxe do Parque Rosalía de Castro
GRUPOS:
2 grupos de 6 persoas (total de 12 prazas)
Cada alumo/a virá coa súa propia bicicleta.
INSTRUTORES/AS:
1 por cada grupo de 6 persoas.
CUSTO:
GRATUÍTO
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
En www.xuventudelugo.gal