O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, presentou a programación de actividades que o Goberno de Lara Méndez porá en marcha para os meses de setembro a decembro destinada á mocidade lucense. En total, serán preto dunha trintena de obradoiros, masterclass, rutas e recursos aos que poderá acceder a xuventude do municipio de forma totalmente gratuíta.
Repetto explicou que se trata dunha programación “ampla e variada, para todos os gustos, e a través da que buscamos promover a actividade física e a formación en novas tecnoloxías entre os máis novos, así como fomentar hábitos de vida saudables e inculcar aos mozos e mozas valores como a tolerancia, a inclusión e a igualdade”.
Un concerto do MC Escandaloso Xpósito abrirá o programa de actividades este venres, 10 de setembro, a partir das 19:30 h. na Casa da Xuventude, seguindo todas as medidas de seguridade establecidas con motivo do protocolo Covid-19. “Hugo é un dos grandes rapeiros do panorama nacional, recoñecido por participar nunha das bandas pioneiras da fusión entre o rap e o jazz en España, Kase O Jazz Magnetism, e estamos seguros de que esta cita será un gran éxito”, subliñou o concelleiro.
As inscricións ao concerto e actividades deberán realizarse en www.xuventudelugo.gal
Programación setembro – decembro 2021 ao detalle:
CONCERTO RAPERO XCANDALOSO
10 DE SETEMBRO ás 19,30 h. na Casa da Xuventude
Haberá actividades de grafitti, maxia…
Taller de Ioga
Mércores de 20.15 a 21.15 na Casa da Xuventude do 6 de outubro ao 15 de decembro
Participantes: 10
Taller de zumba:
Luns das 20.15 ás 21.15 h. na Casa da Xuventude do 4 de outubro ao 13 de decembro
Participantes: 10
Taller de baile contemporáneo
Mércores de 18.30 a 19.30 h. na Casa da Xuventude so 6 de outubro ao 15 de decembro
Participantes 10
– Taller de producción musical ABLETON-LIVE
8, 15, 22, 29 de outubro e 5 de novembro de 18.30 a 21.30 h.
Participantes: 10
– Iniciación a batería
Na Casa da Música
18, 19 e 25 de outubro e 8, 9, 15, 22 e 29 de novembro de 20.00 a 21.30 h.
Participantes: 6
– Taller de construcción de secuenciadores
12, 13, 19, 20 e 26 de novembro de 18.30 a 21.30 h.
Participantes 10
Mantemento de bicicletas 1
23 de outubro de 16.30 a 20.30 h.
Participantes: 8
Mantemento de bicicletas 2
20 de novembro de 16.30 a 20.30 h.
Participantes: 8
Tenis de mesa
Dende o 17 de setembro de 18.00 a 21.00
Participantes 24
Memes sen gracia: memes contra a violencia
22,23,24 de novembro de 19.00 a 21.00
Participantes 20
Subir Historias : taller de experiementacion con móviles
28 outubro, 4, 11 y 18 de novembro de 19.00 a 21.00
Participantes 20
Escola de Maxia
Casa da Xuventude do 7 de outubro ao 25 de novembro de 19.00 a 21.00 h.
Participantes : 15
Contar historias a través da fotografía
16 de outubro
Participantes : 15 persoas [Sesión de 5h]
Scape Room ” XCAPATE. A Casa da Xuventude encantada”
28, 29, 30 e 31 de outubro
día 28 : de 18.00 a 21.00
día 29 : de 16.00 a 21.00
día 30: de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00
día 31 : de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00
Grupos de 6 persoas
Show Cooking Samaín. POSTRES TERRORIFICOS
Fecha: 28/10/2021
Ás 18:00h na Casa da Xuventude
10 persoas
CATAS SENSORIALES
casa da Xuventude
19/10/2021 ás 18:00h e 04/11/2021 ás 18:00h
Grupo de 25 persoas
RUTA NOS VIÑEDOS da RIBEIRA SACRA
Visita a bodega, visita os viñedos e taller de cianotipia
15/10/2021 ás 15:00h
Participantes : 20
Taller experimental de deseño de roupa e moda circular
Do 28 de setembro ao 30 de novembro
Martes de 19:30 a 21:30.
Masterclass de Nutrición
Martes 19 de outubro ás 19.00 h: “Trucos para comer sano sin saber cocinar”
Martes 23 de novembro ás 19.00 h: “Ayuno intermitente, ¿bueno o malo?”
Martes 14 de decembro ás 19.00 h: “Recetas saludables de Navidad”
Rutas
- 18 setembro Montaña. Ascensión Pico Muxivén, 2.032 m Lumajo (Laciana). 11 km Dificultade: Moderada-Alta
- 25 setembro Montaña. Os Ancares: Ruta dos Bois Galegos (Burbia-Vilarello) 15 km Dificultade: Moderada-Alta
- 2 de outubro Las Médulas. Ruta Circular. (El Bierzo). León Distancia: 16 km Dificultade: Fácil-Moderada
- 16 de outubro “COÑECE A ESCALADA”: ROCÓDROMO DE LUGO
- 23 de outubro Montaña: Pico Cuiña (1.992 m). Teito dos Ancares 13 km Dificultade: Moderada
- 30 de outubro RUTA SORPRESA + BAÑO DE BOSQUE: O destino é sorpresa ata o día da actividade.
- 6 de noviembre Ribeira Sacra do Sil: Pombeiro – San Cosmede – Miradoiros de Pena Pombeira. Distancia 15 km. Dificultade: Moderada
- 13 de novembro ORIENTACIÓN EN MONTE SEGADE: Formación básica en Orientación e Carreira de Orientación
- 20 de novembro O Courel: Devesa de Paderne e Alto da Escrita 15 km Dificultade: moderada
- 27 de novembro A Fonsagrada. Reserva da Biosfera de Carballido. Ruta de Gallol 18 km Dificultade: Moderada-Alta
- 11 de decembro Taramundi. (Asturias). Ruta do Agua 15 km Dificultade: Moderada
- 18 decembro Belén de Cumio. Pico 3 Bispos. Ancares Lucenses
- 23 diciembre “COÑECE A ESCALADA”: ROCÓDROMO DE LUGO
- Fecha pendente condicións (decembro-xaneiro) RUTA CON RAQUETAS DE NEVE: CABEZA DE MANZANEDA OU LEITARIEGO
-Defensa persoal
Sábados de 12.00 a 14.00 h. na Casa da xuventude do 18 outubro ao 18 de decembro
Participantes 10.
– Parkour (Grupo iniciación)
De 16:30 a 18:00.
Aforo máximo en interior de 6 persoas e aforo máximo en exteriores de 20
Parkour (Grupo intermedio)
De 18:00 a 19:30.
Aforo máximo en interior de 6 persoas e un aforo máximo en exteriores de 20.
Danzas urbanas
Sábados de 19:30 a 21:00. Disciplinas de hip hop y break dance (Breaking).
Aforo máximo de 10 persoas.
CONCERTO E MASTERCLASS BATERÍA
Materclass impartida por Jason Brown, un dos percusionistas máis demandados da escena do jazzística neoyorkina. Con motivo do concerto da Eve Cornelius Quartet que ofreceremos o día 23 ás 20:00 h. na Casa da Xuventude, este crack das baquetas compartirá con vos durante unha hora algún dos seus segredos mellor gardados.
Máis info e consulta de inscricións en Casa da Xuventude 982 297 444