Segunda xornada do Tour del Talento Lugo 2023. Programa de actividades do 3 de maio

Tralo éxito da primeira xornada do Tour del Talento, comezamos o segundo día cunha axenda moi completa con exposicións, foros, mesas redondas ou unha feira de emprendemento. 

Continuamos coa exposición de artes plásticas na Casa da Xuventude “Mocidade en Acción” coa participación do IES San Xillao, o Colexio Fingoi e a Fundación Juan Soñador.

No Vello Cárcere: Exposición Cabeza, Man, Corazón,  da EASD Ramón Falcón

Dentro da programación deste foro temos diversas actividades preparadas, como a sesión de Orientación e elección de estudos nunha contorna cambiante da man de Juan José Juárez, da Fundación Bertelsmann, perfecta para ti se te estás a preguntar que estudar ou que facer coa túa vida. 

Ven a axudar a construír o informe sobre Innovación, talento e propósito 2023 participando nun focus group da man de U4I, Norvento Enerxía e Avincis, onde aprenderás novas metodoloxías de traballo de innovación en grupo. Aplicarase a un caso real para achegar ideas a empresas de referencia de Lugo. Traballaremos en grupos aplicando a metodoloxía Design Thinking para identificar as claves da innovación e o propósito das empresas baixo o punto de vista dos mozos e das mozas grazas a participación de Rosa Botas, de Norvento Enerxía e Fatima Ortega Galdon, de Avincis.

Se necesitas descubrir todas as ferramentas e novidades en Intelixencia artificial para potenciar o teu rendemento e a túa marca persoal, Cristina Valle axudarache coas Ferramentas tecnolóxicas para o emprego.

Falaremos con Eduardo González, de TRIVU, con  Cristina Valle e con Raúl Sánchez, de Leagues of Code sobre o papel que xogou a programación nas súas vidas e como está a marcar o futuro máis inmediato na mesa redonda: Un mundo feito a medida: programando o noso futuro. 

Poderás atopar cal podería ser o teu traballo ideal a través do test de personalidade de Nawaiam que proporá Eduardo González e Maite Saeta, da AECOC, explicará as ofertas que non coñeces e que existen en grandes empresas da cidade. 

Non nos esquecemos da Feira de Primavera de Emprendedoras: Economía verde e circular na Praza Horta do Seminario, un evento de promoción e difusión de empresas innovadoras e focalizadas na sustentabilidade e a economía circular lideradas por mulleres, organizado polo programa Woman Emprende da USC

Neste espazo ofreceranse tamén un obradoiro de litografía e poderás asistir a dúas mesas  redondas, onde se analizará como a diversidade cultural se pode ver reflectida na mocidade e como lidar coas diferentes formas de discriminación e exclusión.

Ás 10:00h, mesa redonda “A cultura, un modo de vida” con:

Ás 12:00h, mesa redonda “A diversidade cultural e a inclusión social” con:

Como novidade para este día destacamos o Foro Desenvolvemento de Talento: Impulsa a túa empregabilidade con tecnoloxía no MIHL.Trátase dunha mañá de charlas e coloquios de distintos ámbitos para compartir ferramentas de desenvolvemento persoal e profesional. Dende as 10h coñecerás da man de expertos como a tecnoloxía está a cambiar o mundo laboral, que novas capacidades se están a pedir e que accións específicas podes facer nos próximos anos para estar mellor preparado/a para o futuro.

Imaxe vía Campus Terra USC

Poderemos desfrutar da compaña destas 20 iniciativas da provincia: 

Duo Baking

Duo Baking é un obradoiro artesán de panadería e pastelería artesanal. Elabora produtos de alta calidade con ingredientes naturais e fariñas con denominación de orixe.

Di pataca

Tras unha traxectoria de máis de 25 anos en diferentes sectores decide, durante a pandemia crea a marca Dípataca.

Dípataca é un proxecto de traballo sustentable, no que se combina a moda e o deseño con tarefas de consciencia e divulgación a través de charlas, obradoiros e colaboracións con centros educativos, asociacións e outras empresas.”

Embutidos Suarna

É unha empresa sita nos Ancares que leva máis de 15 anos  adicada á elaboración e comercialización de embutidos de porco artesanais de calidade.

Fundada en 2001, estivo en constante crecemento tanto en actividade como en variedade de produtos.

Bubela Estudio

É un proxecto de fotografía de familia, embarazo e bebés que quere dar a posibilidade aos lucenses de capturar e converter en memorias inesquecibles os momentos máis especiais e únicos no crecemento dunha familia.

Lucecus

Elaboran bonecos con teas de mostrarios de obradoiros téxtiles de Coruña, así danlles unha segunda vida en vez que acaben no lixo, tamén vaqueiros vellos, retales de arranxos de costureras. Tratan de mercar en tendas próximas ao seu obradoiro situado en Vilalba. 

Minaxoia3D

Ten a súa orixe en Galicia, onde foi creada dende a ilusión, creatividade e inovación. Crean pezas con material biodegradable e compostable, derivado dos recursos vexetais como o millo ou o trigo.

Fusaiola

É un obradoiro téxtil artesán familiar especializado no tecido de alto e baixo lizo, complementado con outras técnicas aplicadas como pode ser o fiado e transformación de materias primas (liño e la), o tinguido con tinturas naturais o bordado ó aire, tecidos de nós, traballos de gancho e bordado tradicional, etc. ademais da reprodución de tecidos tradicionais e históricos. 

Tofu Landeira

Landeira nace das inquietudes dun enxeñeiro agrónomo, Jose Antonio Landeira Mosquera, cuxo obxectivo é crear e dar forma a un produto propio que, á súa vez, lle permita recuperar o

verdadeiro valor que teñen as terras galegas.

Elaboran un tofu artesán e único, cunhas calidades organolépticas que sobresaen con respecto ao resto de produtos que se poden atopar no mercado.

Sopa de Nuez

Marca 100% galega, dende o deseño ata a distribución faise dende Lugo. É unha marca de roupa unisex, onde se crea roupa a partir de tecidos antigos dos anos 80 cara atrás e que busca en diferentes zonas de España e Portugal. Combina estes tecidos con patróns máis actuais, creando así pezas atemporais.

A horta de Sancoveiga

Empresa adicada á produción de alimentos de primeira calidade, ecolóxicos e de proximidade. Horta ecolóxica dende marzo do 2015, «cultivos que fomentan a biodiversidade, reducen a contaminación ambiental, melloran as condicións dos animais e promoven o desenvolvemento rural sustentable».

Aobá Upcycling

Aobá significa roupa en tupi guarany. En AOBÁ creen que os saberes dos pobos orixinarios teñen moito que achegar á construción dunha sociedade capaz de vivir sen destruirse a si mesma, ás persoas e ao planeta. O propósito é facer unha moda ética e sustentable. Respectuosa co planeta e coas persoas.

Esencia Viva

Cosmética natural artesá usando os recursos naturais para elaborar fórmulas alquímicas e así crear unha cosmética respectuosa co medio e acorde coa pel e as súas necesidades. As materias primas son ingredientes naturais, colleitados artesanalmente e de procedencia ecolóxica.

Naturantas

É o poder de la natureza ao servizo do benestar persoal, mediante a elaboración tradicional de remedios naturais, elaborados con plantas procedentes da comarca de la Ulloa. Produtos de máxima calidade, elaborados con esmero mediante técnicas artesanais ao longo de todo o proceso de colleita, elaboración e envasado. 

Lugo Sweet

Repostería creativa sita en Lugo. Realizan tortas personalizadas, mesas de doces ou bandexas sorpresa entre outros.

Mar Laurel

 Artesá de fórmulas e óleos esenciais do reino vexetal. Fomenta o encontro das persoas coa súa propia esencia equilibrando mente e corazón a través da biocosmética personalizada e unha conexión profunda coa natureza.

Champivil

Empresa galega adicada a envasar produtos autóctonos e naturais de Galicia. Destaca pola calidade dos seus produtos silvestres e o seu amplo catálogo destes produtos. Envásase o mesmo día da recolección, ofrecendo así unha gama de produtos naturais sen conservantes nin aditivos.

Terras de Boborás

Empresa adicada á actividade apícola, que produce de maneira artesanal. Procedente das ladeiras do río Viñao (Boborás) e os montes que se atopan a unha altura duns 500m, fronteira entre dúas provincias (Pontevedra-Ourense) atopándonos cun microclima de media montaña e flora diversa de influencia mediterránea e atlántica; paraxes virxes libres de contaminación.

Rural o Urbano

Empresa sita no concello de Paradela, en plena Ribeira Sacra. O obxectivo principal é dar visibilidade ao medio rural lucense a través dunha coidada e exquisita selección de produtos gastronómicos locais da provincia de Lugo. Traballan con produtores locais de Lugo que apostan pola calidade e a continua innovación.

Cenizas de papel

Profesional especializada na creación de pezas de cerámica e de olería. Pezas únicas. Máis de 14 anos no sector (desde 2009). Situada en Lg. Santa Marina de Cabreiros, O Corgo.

Orixe Cosmetics

Unha marca cosmética de luxo sustentable, que usa o poder da camelia para transformar a túa pel. Aos poucos verás como se volve suave, “aterciopelada”, un milagre que só se consigue ca maxia da natureza.

Tamén na praza Horta do Seminario falarase nunha nova mesa redonda da Evolución do graffiti, da rúa á galería cos artistas urbanos/as:

que dialogarán sobre o cambio na validez cultural da arte urbana.

No edificio Impulso Verde poderanse realizar visitas guiadas ao edificio, a cargo do director de obra, Benigno Jauregui e falarase de deseño circular e novos modelos de negocio na mesa redonda que terá lugar ás 10:00h e na que participarán:

Tamén haberá un tempo para a conversa sobre “Economía circular en práctica, desafíos”,  nunha mesa redonda na que intervirán, a partir das 12:00h: 

Unha xornada moi completa que poderás seguir desde as nosas redes sociais, onde iremos publicando o que sucede nas diferentes localizacións do Tour del Talento. E se queres inscribirte nalgunha das actividades podes facelo desde aquí.