Liga oratoria intercentro

Formulario para ESO (3º e 4º) e BACHARELATO

Dúbidas en ligadeoratoriaintercentros@gmail.com

    Foto do DNI/NIE de todas as persoas que integran o grupo, incluido o da persoa coordinadora. Todos deben ir nun mesmo documento (límite 6MB)

    Fotocopia da matrícula ou certificado de matriculación do alumnado. Todos deben ir nun mesmo documento

    Autorización paterna/ materna /tutor/a legal para que menores de idade poidan participar na Liga de Oratoria Intercentros 2024. Todos deben ir nun mesmo documento

    Autorización paterna/materna/tutor/a legal para facer fotografías e grabar a imaxe de menores participantes durante o desenvolvemento das actividades da Liga de Oratoria Intercentros 2024. Todos deben ir nun mesmo documento

    Elixe unha das seguintes opcións sobre o tratamento dos teus datos
    Xestión de Datos

    Liga oratoria intercentro

    Formulario para a terceira categoría UNIVERSIDADE e POSGRADO da USC

    Dúbidas en ligadeoratoriaintercentros@gmail.com

      Foto do DNI/NIE de todas as persoas que integran o grupo, incluido o da persoa coordinadora. Todos deben ir nun mesmo documento (límite 6MB)

      Fotocopia da matrícula ou certificado de matriculación do alumnado. Todos deben ir nun mesmo documento

      Elixe unha das seguintes opcións sobre o tratamento dos teus datos
      Xestión de Datos

      Que é a I LIGA ORATORIA INTERCENTRO?

      É unha iniciativa para promover as habilidades de oratoria, pensamento crítico e traballo en equipo.

      Será os días 10,11 e 12 de maio

      Prazas: 16 por categoría

      • Primeira categoría: alumnos de 3 e 4 de ESO de calquera centro educativo de Lugo
      • Segunda categoría: alumnos de 1 e 2 DE BACHARELATO de calquera centro educativo de Lugo
      • Terceira categoría: estudos de grao e posgrao da universidade. Calquera estudiante matriculado en estudos de grado ou posgrao na Universidad de Santiago de Compostela no curso 2023/2024. *Priorizarase aqueles equipos con alumnado matriculados en titulacións do Campus Terra.

      Máis información e dúbidas en ligadeoratoriaintercentros@gmail.com

       

      En cada categoría haberá un máximo de 16 equipos participantes. As prazas outorgaranse por estrito orde de inscrición. Na primeira e na segunda categoría a orde de inscrición só será o criterio aplicable para dous equipos por centro educativo. Se un mesmo centro inscribe a tres ou máis equipos na mesma categoría priorizarase aos equipos 1 e 2 doutros centros. Todas as categorías comparten as mesmas normas, con excepción daqueles apartados nos que se indique expresamente o contrario no regulamento.

      • Na primeira e na segunda categoría cada equipo comprase de catro ou cinco membros (con posibilidade de incorporar ademais a dous suplentes) e unha persoa coordinadora pertencente ao centro educativo ao que representan. Cada coordinador/a representará só a un equipo; deste xeito, se un mesmo centro presenta dous ou máis equipos ten que ter dúas persoas coordinadoras. Excepcionalmente, permitirase un só coordinador ou coordinadora para dous ou máis equipos do mesmo centro sempre e cando asuma as consecuencias dos posibles solapamentos entre encontros. En ningún caso, a organización cambiará de horario nin orde os encontros para impedir este solapamento coa finalidade de incurrir en agravios sobre terceiros.
      • Na terceira categoría os equipos deberán estar compostos dun mínimo de dous participantes e un máximo de cinco. A persoa coordinadora poderá ser un dos membros do equipo ou unha persoa externa que desempeñará o rol de formador.

      As persoas coordinadoras realizarán as tarefas de representación do seu equipo ante a organización e a dirección da liga. Permitirase o seu relevo por causa xustificada durante o transcurso da competición.