Comeza o Tour del Talento Lugo 2023. Programa de actividades do 2 de maio

Participantes na primeira fase de presentación de proxectos no CEI-Nodus

Hoxe dá comezo este evento único en Galicia, o Tour del Talento 2023, impulsado pola Fundación Princesa de Girona e co apoio do Concello de Lugo e o Campus Terra da USC. Como xa vos viñemos contando en anteriores publicacións, trátase dunha xira anual con múltiples eventos para mozos e mozas de 14 a 35 anos. Entre o 2 e 7 de maio poderán participar en diversas actividades e eventos pola cidade nos seguintes espazos: o Auditorio Gustavo Freire, o Edificio Impulso Verde, O Vello Cárcere, e na Praza Horta do Seminario. 

Na carpa instalada na Praza Horta do Seminario terá lugar a I Xornada Coñece aos teus polígonos e ás súas empresas, organizada pola Asociación de Empresarios de O Ceao – As Gándaras, un espazo para a unión e contacto entre empresas, universidades, institutos, alumnos e alumnas e persoas interesadas en coñecer o ecosistema empresarial e industrial de Lugo, con entrevistas e mesas redondas, nas que participarán: 

Ás 16:00h na mesa redonda “O talento nas empresas dos Polígonos de O Ceao e As

Gándaras“: 

Ás 17:00h, na mesa redonda “Retos RSC y ODS nos Polígonos de O Ceao e As

Gándaras“:

Ás 18:00h, na mesa redonda “O ecosistema laboral, novos empregos e tendencias“:

Haberá tamén unha mesa redonda con artistas urbáns na que compartirán as súas experiencias persoais traballando na rúa e a xuventude.

Ás 19:00h, na mesa redonda de Arte Urban “Transformando a cidade: Arte urbán, unha cidade para todos”:

Na Casa da Xuventude poderase visitar dende hoxe a exposición de artes plásticas e visuais Xóvenes en acción, na que participan o IES San Xillao, o Colexio Fingoi e a Fundación Juan Soñador.

Pola súa banda, o MIHL albergará nesas datas a exposición Lugo, referente tecnolóxico, organizada polo CIFP As Mercedes. O propio equipo docente e alumnado realizarán visitas guiadas.

No Vello Cárcere poderase visitar a exposición Cabeza, Man, Corazón, un percorrido polos 50 anos de historia da EASD Ramón Falcón, adicada a ensinanza das artes. Contará con visitas guiadas realizadas polo alumnado da escola, así como un obradoiro de serigrafía e dúas mesas redondas para crear, conversar e fomentar o diálogo e a participación activa da xuventude. Nelas participarán:

Ás 10:00h, na mesa “Novas formas de expresión cultural”

Ás 12:00h, na mesa “O papel da cultura na educación e formación da xuventude”

Se queres ver como se vai desenvolvendo a xornada, síguenos nas nosas redes e se queres inscribirte nalgunha das actividades podes facelo dende aquí.