Finalistas do Reto do Tour del Talento

Participantes na primeira fase de presentación de proxectos no CEI-Nodus

Como xa sabedes, tanto a semana pasada coma esta, estivemos inmersos no Reto Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir que é unha proposta para que participen mozos de 14 a 35 anos e presenten o seu proxecto de mellora da cidade, que ten lugar dentro dunha das actividades programadas no Tour del Talento.

Lembrámovos un pouco: a  temática do reto era libre (desenvolvemento local e/ou económico, mobilidade, urbanismo,  medioambente, sustentabilidade, economía circular, vivenda, emprego, lecer, mocidade, deportes, tecnoloxía, emprendemento, innovación, conectividade, etc.)

Propoñíase un formato de presentación oral seguindo a técnica de presentación 20×20 (Pechakucha) cun máximo de 20 diapositivas en 20 segundos por equipo, con quendas de preguntas do xurado.

Ademais, non esquezades que hai un premio dun iPhone 14 para cada un dos integrantes do equipo e un diploma acreditativo.

E como tamén lembraredes, o xoves 20 de abril celebrouse no CEI-NODUS un obradoiro preparatorio para dotar ós equipos das ferramentas necesarias para defender as súas propostas no Reto do Tour del Talento, unha xornada impulsada por Europe Direct Lugo.

Participantes na primeira fase de presentación de proxectos no CEI-Nodus

Facendo algo de memoria, sabedes que para a presentación de proxectos do Reto Tour del Talento hai dúas fases:

  • Primeira fase de presentación de proxectos en cada un dos Centros de Formación e selección da mellor proposta, os días 27 e 28 abril. 
  • Segunda fase, a final, que se celebrará o venres 5 de maio, na carpa instalada na Praza Horta do Seminario, con motivo do Tour do Talento.

Aquí tedes unha foto tomada durante a semifinal que tivo lugar durante o día de hoxe no CEI-Nodus na que podemos ver os e as participantes menores de 35 anos que non pertencen nin a IES nin a CIFP.

Hoxe venres 28 de abril temos a honra de publicar a lista dos finalistas do Reto do Tour del Talento:

 

CENTRO

INTEGRANTES

DOCENTE

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Pilar Wegmuller Ónega

Laura Iglesias Primo

Alejandra García Díaz

Pilar Iglesia Muinelo

CIFP As Mercedes

Germán Valcarce Otero

Óscar de la Iglesia Bascoy

Gonzalo Cerviño Díaz

Pablo Alvariño Vázquez

Colegio Nebrija

Yoanny de Jesús de León

Laura Barreiro Mejuto

Hugo García Alborés

Montse López García

Grupo Individual

Mar Centelles

Elena López

Iria Posada

 

IES Anxel Fole

Nagore Hortas Castro

Lucia Pardo Lopez

Noelia Buide Otero

Sandra Gómez Pérez

Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo

Lucía Sánchez Corbelle

Nerea Rodríguez Fernández

Sabela Freire Rodriguez

María Victoria Nodar Bejega (jefa de estudios)

IES Sanxillao

Javier Blanco Álvarez 

Teo de Frutos Rodríguez 

Gaia Zordan Guerreiro 

Susana Muiña

Colegio María Auxiliadora de Lugo

José Martínez Puig

Diego Sánchez Pasarín

Judith Barreira Ferreiro

Margarita Meilán Seijas


Brigitte Andrade López

 

Moita sorte a todos/as os/as finalistas e vémonos o día 5 de maio na gran final do Reto do Tour del Talento. Non faltedes!

Tedes toda a información e inscrición dos eventos que van acontecer nos vindeiros días aquí.

E lembra, faremos publicacións do que está a suceder durante todo o Tour del Talento.

Síguenos en redes para recibir as novas antes que ninguén!😜